1095896.1.260.149.20260612213726
Incendio rexistrado en Padrón. - EUROPA PRESS
SANTIAGO DE COMPOSTELA, 12 Jun. (EUROPA PRESS) -
Un incendio activo no municipio de Padrón (A Coruña) arrasa xa 60 hectáreas nesta tarde de venres.
Segundo informou a Consellería de Medio Rural, o lume iniciouse sobre as 16,00 horas na parroquia de Herbón e para tentar apagar as chamas mobilizouse un importante dispositivo, que inclúe numerosos medios aéreos.
A columna de fume é visible desde as aforas da cidade de Santiago. Todo iso nunha xornada na que hai activas alertas por calor na comunidade galega.
O alcalde de Padrón, Anxo Rei Arca, explicou a Europa Press que, a causa do incendio tivo que ser desaloxada unha vivenda onde residen tres acodes, aínda que subliña que é un paso que se dá "por precaución" e espera que sexa temporal e poidan regresar canto antes.
O rexedor destacou que hai "moitos medios traballando" desde o primeiro momento para tratar de atallar o lume. Entre as principais dificultades apuntou á orografía do terreo.
Ademais, apuntou que hai parroquias que se quedaron sen luz e nas que tamén escasea a cobertura.