SANTIAGO DE COMPOSTELA, 18 Jul. (EUROPA PRESS) -
O Grupo de Estupefacientes de Udyco da Brigada Provincial de Policía Xudicial da Coruña investigou a un home após desarticular unha plantación interior de marihuana nun piso.
Segundo informou o corpo policial, no marco da 'Operación Montes' e após unha pirimera intervención da Policía Local por mor dunha chamada cidadá, localizaron a plantación.
Desta forma, descubriron nunha habitación da vivenda sustancias estupefacientes que foron intervidas, así como todo o necesario para a súa plantación e crecemento e localizaron numerosas armas brancas.
Os axentes tomaron declaración ao individuo en calidade de investigado como propietario do intervido.