Luís Villares anuncia o seu adeus á política para regresar ao seu posto como xuíz

O portavoz de En Marea no Parlamento de Galicia, Luís Villares, pousa após unha entrevista con Europa  Press no Parlamento de Galicia, en Santiago de Compostela/Galicia (España) a 16 de xaneiro de 2020.
Álvaro Ballesteros - Europa Press - Archivo
Europa Press Galicia
Publicado: miércoles, 19 febrero 2020 11:58

SANTIAGO DE COMPOSTELA 19 Feb. (EUROPA PRESS) -

O portavoz de En Marea, Luís Villares, anunciou o seu adeus á política para regresar ao seu posto como maxistrado no Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG), cargo que abandonou en 2016 para ser candidato do partido instrumental á Presidencia da Xunta.

Catro anos despois e en pleno debate de como concorrerá ás eleccións o espazo político antes agrupado ao redor de En Marea, Villares informou de que non presentará candidatura ao proceso de primarias da súa organización, que aínda non definiu se estará na cita coas urnas do próximo 5 de abril.

Arroupado polos membros da dirección de En Marea e visiblemente emocionado, o maxistrado en excedencia fixo un chamamento a que exista unha candidatura unitaria do espazo político, á vez que aproveitou para cargar contra as "cúpulas" de Podemos, EU e Anova, ás que culpa de antepor os seus intereses aos da cidadanía.

Artículos Relacionados

Últimas noticias sobre estos temas

Contenido patrocinado