MeteoGalicia renova a súa web para ofrecer a predición dos 315 concellos galegos dividida en franxas horarias

Haberá información máis concreta a medio prazo, e pderase consultar a calidade do aire e a contaminación acústica

O conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Agustín Hernández
PHOTOGRAPHER: XOAN CRESPO
Europa Press Galicia
Actualizado: viernes, 18 enero 2013 18:41

SANTIAGO DE COMPOSTELA, 18 Ene. (EUROPA PRESS) -

MeteoGalicia presentou este venres a súa nova páxina web na que amplía a cobertura da predición á totalidade dos 315 concellos galegos --ata agora eran 18 municipios--, de forma que se poderá coñecer o tempo debullado nas franxas horarias de mañá, tarde e noite.

Nunha presentación que contou co conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Agustín Hernández; o director de MeteoGalicia, Víctor Pérez Muñuzuri, foi o encargado de facer a posta de longo da nova web na sede de MeteoGalicia en Santiago, na que destacou melloras como a achega información máis concreta a medio prazo sobre a probabilidade de precipitacións, o estado do ceo e as temperaturas.

Así mesmo, a web poderase consultar en galego e castelán, xa que era "unha petición" de turistas e visitantes a Galicia, ao tempo que se implementar os servizo RSS e a dispoñibilidade de aplicacións para móbiles.

Entre a novidades, inclúese a posibilidade de consultar a calidade do aire a través dos puntos cos que conta a rede galega deste servizo, cun índice con valores en tempo real, no que tamén se fan predicións para as seguintes 48 horas e contémplanse datos da rede industrial.

Ademais, a partir de agora poderase consultar a contaminación acústica que existen nas cidades --grazas a estes puntos nos que tamén se coñece a calidade do aire desenvolvidos en colaboración coa Universidade de Santiago de Compostela-- polo que converte a Galicia na primeira comunidade en achegar este servizo.

"PRESTIXIO" DE METEOGALICIA

Pola súa parte, en declaracións aos medios tras finalizar a presentación da web na sede de MeteoGalicia, o conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Agustín Hernández, destacou "o prestixio e nome" co que conta este organismo --dependente do seu departamento-- tanto en Galicia "coma no resto de España".

Así, achacou a esta "credibilidade acreditada" de MeteoGalicia que as visitas na web crecesen en máis dun 30 por cento en 2012 respecto ao ano anterior, cunha media de 76.500 ao día.

En total, en 2012 a web, agora renovada, de MeteoGalicia tivo 28 millóns de visitas, segundo cifras do Goberno galego; mentres que as descargas da aplicación MeteoSix Mobile superaron as 25.000 o ano pasado.

Os cambios na web executáronse con medios propios e recursos humanos de MeteoGalicia, que conta con 30 empregados, con "custo cero" para as arcas públicas.

Contenido patrocinado