Morre un motorista após chocar contra unha furgoneta na A-52, en Carballeda de Avia (Ourense)

Europa Press Galicia
Publicado: viernes, 12 junio 2026 9:29

SANTIAGO DE COMPOSTELA 12 Jun. (EUROPA PRESS) -

Un motorista faleceu nas últimas horas após chocar contra unha furgoneta na autovía A-52, ao seu paso polo municipio de Carballeda de Avia (Ourense), segundo informou o CIAE 112 Galicia.

O sinistro ocorreu sobre as 7.45 horas deste venres, á altura do quilómetro 255 da autovía, e foi o propio condutor da furgoneta o que contactou con Emerxencias para informar de que acababa de sufrir unha colisión cunha motocicleta. Pouco despois alertaba de que cría que o motorista estaba falecido.

O 112 Galicia informou a Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que mobilizou inicialmente o helicóptero medicalizado con base en Ourense. Tamén foron alertados os bombeiros do Carballiño, o GES de Ribadavia e a Garda Civil de Tráfico. Unha vez no lugar, os servizos de Emerxencias só puideron confirmar o falecemento do condutor da moto.

Contador

Contenido patrocinado