Morre o ocupante dun vehículo que envorcou na Silva, en Cerceda (A Coruña)

Accidente rexistrado en Cerceda.
BOMBEROS DE ORDES
Europa Press Galicia
Publicado: lunes, 16 enero 2023 17:01

    A CORUÑA, 16 Ene. (EUROPA PRESS) -

   O único ocupante dun vehículo que envorcou nun terraplén, no lugar da Silva, en Cerceda (A Coruña), perdeu a vida. Fontes consultadas por Europa Press confirmaron que o falecido é un mozo de 26 anos que responde as siglas de S.C.V.

   Segundo confirmou o 112, os servizos sanitarios só puideron confirmar o falecemento do novo, cuxo corpo foi excarcerado polos bombeiros de Ordes.

   O 112 informou tamén de que se abriu unha investigación para tratar de solicitar toda a información sobre o sucedido e precisar a hora exacta do sinistro.

   Un particular informaba ao 112 Galicia, pasadas as 10,15 horas, dun vehículo envorcado nun terraplén situado na marxe da AC-400 ao seu paso polo lugar da Silva, na parroquia de San Martiño de Rodís (Cerceda).

   O 112 solicitou a colaboración de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, dos bombeiros de Ordes, da Garda Civil de Tráfico e da Policía Local e Protección Civil de Cerceda.

   Foron os bombeiros os encargados de excarcerar ao condutor, atrapado no turismo do que era o único ocupante.

Últimas noticias sobre estos temas

Contenido patrocinado