O 'narco' Laureano Oubiña é xulgado este luns na Audiencia Nacional, un día antes da súa posta en liberdade

Europa Press Galicia
Actualizado: lunes, 16 julio 2012 13:14

MADRID 16 Jul. (EUROPA PRESS) -

O narcotraficante galego Laureano Oubiña é xulgado este luns na Audiencia Nacional por un delito de branqueo de capitais, un día antes de que acabe de cumprir a súa condena por delitos de tráfico de estupefacientes e quede, polo tanto, en liberdade.

A Fiscalía antidroga pedirá seis anos de cárcere e outros cinco anos de prisión para o seu fillastro David Pérez Lago pola construción dunha vivenda en Vilagarcía de Arousa, por un terreo en Sanxenxo e polo movemento de divisas cos fondos obtidos do tráfico de estupefacientes.

O narcotraficante galego ten pendente coñecer a sentenza que ditará a Audiencia Nacional polo suposto branqueo de 4,5 millóns de euros procedentes do tráfico de drogas a través de terceiras persoas, delito polo que se enfronta a unha pena de 8 anos de prisión. Oubiña sentou no banco dos acusados por estes feitos hai dúas semanas.

O Tribunal Supremo confirmou o pasado ano o auto ditado pola Audiencia Nacional que fixaba a súa estanza en prisión ata o 17 de xullo de 2012 e rexeitaba adiantar a liquidación de condena do arousano.

Contenido patrocinado