SANTIAGO DE COMPOSTELA 9 Feb. (EUROPA PRESS) -
O exsenador do BNG Xosé Manuel Pérez Bouza manifestou que "respecta" a decisión da que foi conselleira de Vivenda co bipartito, Teresa Táboas, de deixar o seu escano obtido polo BNG no Parlamento galego. No plano persoal, asegura que "en próximos días" decidirá se segue como militante de base na formación frentisa ou se se vai da Cámara autonómica.
En declaracións a Europa Press, Pérez Bouza sinalou que, nos días vindeiros, ten que decidir se segue en militancia "pasiva e leal" ao BNG, ou se vai, o cal fai co compromiso de que, se permanece na fronte nacionalista, non o fará como voz crítica e simplemente pasará a ser afiliado de base.
Ao respecto da decisión de Teresa Táboas, considerou "moi coherente" deixar o Parlamento autonómico ao non coincidir coa liña política saída da XIII Asemblea Nacional.