OURENSE, 4 Jun. (EUROPA PRESS) -
A Policía Nacional ten en marcha un amplío operativo contra o tráfico de substancias estupefacientes no barrio ourensán de Covadonga.
O dispositivo comezou sobre as 12.00 horas deste mércores cando preto dunha ducia de furgóns, coches e decenas de axentes apoiados polo helicóptero da Policía Nacional blindaron o barrio ourensán.
O subdelegado do Goberno en Ourense, Eladio Santos, confirmou que é unha operación que comezou hai semanas após varios procesos de investigación e información.
Así, a fase de explotación desta operación relacionada "coa intervención de droga" tivo lugar durante esta xornada. "A operación séguese desenvolvendo nestes momentos e os resultados iniciais confirman os procesos de investigación e información previos de semanas anteriores", indicou Eladio Santos.