Evacuado en helicóptero un home tras sufrir un corte cunha máquina agrícola na Cañiza (Pontevedra)

Europa Press Galicia
Publicado: martes, 29 diciembre 2020 15:12

PONTEVEDRA 29 Dic. (EUROPA PRESS) -

Un home de 47 anos de idade tivo que ser trasladado este martes no helicóptero medicalizado do 061 até o Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo, despois de que sufrise un corte coa máquina agrícola coa que traballaba na súa leira particular na Cañiza (Pontevedra).

Fontes do 061 explicaron a Europa Press que o ferido é un home 47 anos de idade que responde as iniciais J.C.G., quen foi evacuado a bordo do helicóptero medicalizado con base en Ourense até o Hospital Álvaro Cunqueiro.

O servizo de emerxencias tamén mobilizou até o lugar unha ambulancia de soporte vital básico e equipo de atención primaria da Cañiza.

O home presentaba feridas provocadas por unha máquina de fresar coa que traballaba na súa leira situada no termo municipal pontevedrés da Cañiza.

A alerta recibiuse ao redor das 10,45 horas deste martes, cando un particular solicitou axuda ao 112. Ademais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, foron informados membros do GES-SPEIS de Ponteareas e axentes da Policía Local e da Garda Civil.

Últimas noticias sobre estos temas

Contenido patrocinado