O alcalde de Lugo querelarase contra Dorribo tras ser acusado polo empresario "sen comelo nin bebelo"

Asegura que "ninguén pode dicir del o que intenta dicir este presunto culpable" e revela que o empresario debe diñeiro ao concello

   LUGO, 22 Feb. (EUROPA PRESS) -

   O alcalde de Lugo, Xosé López Orozco, anunciou este mércores que interporá unha querela contra o empresario farmacéutico Jorge Dorribo, quen falou do pagamento de "favores" ao socialista na súa declaración ante o Tribunal Supremo no marco da Operación Campeón.

   En rolda de prensa, o rexedor lucense negou as acusacións do industrial farmacéutico que, segundo dixo, coñeceu a través dos medios de comunicación. De feito, asegurou que Dorribo nunca lle pediu "absolutamente nada, nin por el mesmo, nin por persoa interposta".

   "¿Que favores fixo o alcalde? Descoñézoo totalmente", explicita Orozco, quen xustificou así a súa sorpresa ante unhas acusacións que lle chegan "sen comelo nin o beber" e que atribuíu á estratexia de "confusión" deseñada pola defensa de Jorge Dorribo. Tampouco descartou que "haxa polo medio algún partido político", en alusión ao PP.

   En todo caso, ironizou con que a próxima persoa á que tratará de culpar o empresario será "ao Papa Benedicto XVI", toda vez que xa nomeou nas súas declaracións ao exministro de Fomento José Blanco; ao presidente da Deputación lucense, José Ramón Gómez Besteiro (PSOE); e aos exdeputados Fernando Blanco (BNG) e Pablo Cobián (PPdeG).

PATROCINIO DE EVENTOS

   En canto aos patrocinios para eventos como o 'Arde Lucus' e o 'Lugo 10', asegurou que foron moitos os empresarios que colaboraron no seu financiamento. A liña seguido, deixou claro que quen crea que vai deixar de solicitar reunións con entidades para que sigan patrocinando estes eventos, está equivocado".

   "Todo aquel que queira poñer parte das súas plusvalías en beneficio dos lucenses sabe que o pode facer, como se fixo sempre, con luz e taquígrafos, diante de vostedes --os medios de comunicación--, da oposición, e poñendo o diñeiro onde hai que poñelo, nas contas do concello", sentenciou, para facer fincapé en que, ás súas contas persoais, unicamente chega o seu soldo como rexedor.

   A maiores, o primeiro edil lucense apuntou que o propietario de Nupel debe diñeiro ao concello por non pagamento nos patrocinios. "Está reclamado dende hai tempo", revelou.

"O MUNDO AO REVÉS"

   Finalmente, Orozco lamentou estar "no mundo ao revés", onde "os inocentes teñen que dar unha rolda de prensa e se defender" mentres "os presuntamente culpables están nun balneario". "Penso que non podo facer un resumo mellor, isto é o que hai", sentenciou, referíndose así á estanza de Dorribo no balneario de Guitiriz (Lugo).

   Ao fío diso, sostivo, falando de si mesmo en terceira persoa, que "o alcalde o fará ben ou mal, terá as súas virtudes e os seus defectos, pero ninguén pode dicir del o que se intenta dicir, o que intenta dicir este presunto culpable". "Penso que a súa estanza no balneario lle dá moito tempo para reflexionar, para reflexionar mal, e intentar facer dano a unha persoa como eu e a unha cidade como Lugo", resaltou.

   Así as cousas, preguntado ao respecto, non precisou se a querela anunciada será por aldraxes ou por calumnias. "Será por todos os adxectivos cualificativos que se poidan atopar", concluíu Orozco.

El vídeo comenzará después de 30 segundos de publicidad.
Portal Turismo
 
la actualidad más visitada en www.europapress.es
El CICR confirma que las FARC liberarán al periodista galo el miércoles Nuevo disco de Bon Jovi a principios de 2013 Hesjedal remonta a 'Purito' y gana el Giro

www.europapress.es es el portal de actualidad y noticias de la Agencia Europa Press. Publicación digital auditada por OJD.
© 2012 Europa Press. Está expresamente prohibida la redistribución y la redifusión de todo o parte de los contenidos de esta web sin su previo y expreso consentimiento.