O alcalde de Xermade di que se descoñecen as circunstancias en que faleceron dous homes nunha casa do municipio

SANTIAGO DE COMPOSTEla, 22 Feb. (EUROPA PRESS) -

   O alcalde de Xermade, Tomás Rodríguez, sinalou que, polo momento, se descoñecen as circunstancias en que dous homes, un pai e o seu fillo, faleceron e unha muller resultou ferida nunha vivenda unifamiliar do municipio.

   En declaracións a Europa Press, Rodríguez explicou que o suceso está sendo investigado pola Garda Civil e que atopan á espera de que se tramiten os procesos correspondentes e de que o xuíz proceda ao levantamento dos cadáveres. Por agora, dixo, non se confirmou nin o móbil nin a hora dos feitos nin as circunstancias concretas.

   O alcalde, que se trasladou ata o lugar, indicou que o acceso á casa está pechado e que axentes de Policía e Garda Civil permanecen nesta, situada na parroquia de Burgas, un pequeno grupo de vivendas a 2,5 quilómetros do núcleo de Xermade.

   Un septuaxenario e o seu fillo faleceron este mércores no municipio de Xermade (Lugo), mentres que a muller do ancián resultou ferida, segundo informan fontes próximas á investigación, que consideran que a principal hipótese é a do roubo e apuntan a que o suceso se produciu en torno ás 6.00 horas.

El vídeo comenzará después de 30 segundos de publicidad.
Portal Turismo
 
la actualidad más visitada en www.europapress.es
El CICR confirma que las FARC liberarán al periodista galo el miércoles Nuevo disco de Bon Jovi a principios de 2013 Hesjedal remonta a 'Purito' y gana el Giro

www.europapress.es es el portal de actualidad y noticias de la Agencia Europa Press. Publicación digital auditada por OJD.
© 2012 Europa Press. Está expresamente prohibida la redistribución y la redifusión de todo o parte de los contenidos de esta web sin su previo y expreso consentimiento.