O conselleiro de Industria reitera o seu "compromiso activo" para salvar o proxecto de Alfageme

Guerra mantivo en Vilagarcía unha reunión coas tres centrais sindicais que representan as traballadoras da conserveira

   VILAGARCÍA DE AROUSA, 22 Feb. (EUROPA PRESS) -

   O conselleiro de Industria, Javier Guerra, mantivo este mércores en Vilagarcía de Arousa (Pontevedra) unha reunión cos tres sindicatos que representan as traballadoras de Alfageme para responder, dixo, con datos e con feitos ás acusacións por parte dos sindicalistas de "falta de vontade política da Xunta" para resolver o conflito de Alfageme. Así, subliñou o seu "compromiso activo" para salvar o proxecto.

   Guerra reiterou que o seu departamento esta "activamente preocupado" respecto ao futuro de Alfageme. Como proba diso, sinalou o feito de que "a Xunta de Galicia ten todo o interese e toda a intención de pagar os avais que permitirían que o grupo El Consorcio puidese seguir adiante co proxecto empresarial de Alfageme".

   "Só o poderemos facer cando se dean as circunstancias xurídicas que o permitan", dixo, en relación a que a Audiencia de Pontevedra resolvera o recurso interposto polos antigos propietarios da conservera respecto a eses avais.

   Ademais, subliñou que a intención de pagamento por parte da Xunta "é absoluta", expuxo o conselleiro, feito que testemuña a liberación de 33 millóns de euros para ese concepto que figura nos presupostos da Xunta para o exercicio 2012.

CUESTIÓN DE PRAZOS

   O conselleiro de Industria recoñeceu que a administración concursal de Alfageme está obrigada a executar en prazo o proceso de liquidación da sinatura, e que se esa execución se produce con anterioridade á resolución do recurso sobre os avais o proxecto empresarial de El Consorcio estaría practicamente saldado.

   Agora ben, apuntou Javier Guerra, "se o proceso concursal puidese alongarse ata o máximo posible e, ao mesmo tempo, se puidese axilizar o proceso xudicial, isto podería quedar favorablemente resolto".

   Neste sentido, engadiu, aínda que non se trata de decisións políticas" dende a Consellería van "falar con todas as partes implicadas para pedir axuda e colaboración na procura desa solución".

OS BANCOS

   O titular de Industria lamentou a postura dos sindicatos. "O máis doado sempre é culpar á administración pública, pero neste tema hai outros axentes, como a banca, que están a ter un papel determinante en que o proceso non se poida desbloquear," aseverou.

   Neste sentido, Guerra recordou que "a administración pública está a dar a cara", e que nas negociacións que a Consellería mantivo coas dúas entidades posuidoras dos avais, a Xunta ratificou o seu "firme compromiso" de pagar eses avais unha vez resolto o recurso xudicial, "pero os bancos negáronse a aceptar esa solución".

   "Se non existise ese recurso a Xunta pagaría xa eses avais", explicou o conselleiro, quen engadiu que non queren "poñer obxeccións senón todo o contrario" á hora de salvar eses postos de traballo. "Polo que traballaremos na busca de solucións ata o último segundo", agregou.

   Nese sentido, e como demostración do seu compromiso recordou o feito de que, ademais do pagamento dos avais, o Igape comprometeu co grupo El Consorcio axudas por valor de 9 millóns de euros para o financiamento do novo proxecto empresarial de Alfageme, condicionado sempre ao mantemento dos postos de traballo.

El vídeo comenzará después de 21 segundos de publicidad.
Portal Turismo
 
la actualidad más visitada en www.europapress.es
El CICR confirma que las FARC liberarán al periodista galo el miércoles Nuevo disco de Bon Jovi a principios de 2013 Hesjedal remonta a 'Purito' y gana el Giro

www.europapress.es es el portal de actualidad y noticias de la Agencia Europa Press. Publicación digital auditada por OJD.
© 2012 Europa Press. Está expresamente prohibida la redistribución y la redifusión de todo o parte de los contenidos de esta web sin su previo y expreso consentimiento.