Un detido tras agredir dous bombeiros e dúas policías que acudiron a sufocar un incendio na vivenda que ocupaba

VILAGARCÍA DE AROUSA, 22 Feb. (EUROPA PRESS) -

   Axentes da comisaría da Policía Nacional de Vilagarcía detiveron esta madrugada un home duns 40 anos despois de que agredise dous bombeiros que acudiron a sufocar un incendio na vivenda que ocupaba.

   O sinistro produciuse nunha casa abandonada do barrio de Trabanca Badiña, habitualmente ocupada polo indixente. Tras recibir unha chamada na que se alertaba do lume desprazouse ata o lugar unha unidade dos Bombeiros do Salnés.

   Á súa chegada os dous membros deste corpo foron recibidos co lanzamento de tellas e de anacos de viga por parte do 'okupa', que se atopaba na planta superior, o que lles provocou feridas de carácter leve, se ben un deles tivo que ser atendido posteriormente nun centro hospitalario.

   Dada a situación, os bombeiros solicitaron a intervención do corpo da Policía Nacional para reducir o agresor. Os dous axentes desprazados tamén resultaron con feridas de carácter leve no forcexo que se produciu co individuo, que se negaba a desaloxar a vivenda.

   Tras a súa detención, o agresor foi posto a disposición xudicial. O titular do xulgado de garda ordenou o seu traslado a un centro psiquiátrico para a súa observación.

   Os veciños da zona sinalaron que non era a primeira vez que se producían este tipo de incidentes. Ata o punto en que en máis dunha ocasión presentaran escritos no concello solicitando a intervención municipal para desaloxar ao indixente.

   Tamén os bombeiros recoñeceron que non era a primeira vez que acudían a esta vivenda a sufocar incendios provocados polo detido e que nalgunha outra ocasión foran recibidos a pedradas, se ben ata agora nunca resultaran feridos.

El vídeo comenzará después de 21 segundos de publicidad.
Portal Turismo
 
la actualidad más visitada en www.europapress.es
El CICR confirma que las FARC liberarán al periodista galo el miércoles Nuevo disco de Bon Jovi a principios de 2013 Hesjedal remonta a 'Purito' y gana el Giro

www.europapress.es es el portal de actualidad y noticias de la Agencia Europa Press. Publicación digital auditada por OJD.
© 2012 Europa Press. Está expresamente prohibida la redistribución y la redifusión de todo o parte de los contenidos de esta web sin su previo y expreso consentimiento.