Falece un dos cinco mozos feridos nunha saída de vía en Lousame (A Coruña)

Europa Press Galicia
Actualizado: lunes, 28 mayo 2012 21:55

SANTIAGO DE COMPOSTELA 28 May. (EUROPA PRESS) -

Un dos cinco mozos feridos tras unha saída de vía na localidade coruñesa de Lousame faleceu a primeira hora da tarde do luns no Hospital Clínico de Santiago, a onde fora trasladado na madrugada do domingo.

Trátase de J.R.M.F., de 23 anos e que fora ingresado con feridas de gravidade despois do accidente, segundo confirman a Europa Press fontes do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago.

O sinistro produciuse de madrugada --a alerta recibiuse ás 5.45 horas-- na estrada que conecta Noia con Boiro, e consistiu nunha saída de vía que acabou coa caída do vehículo por un desnivel duns 9 metros de altura. Os cinco mozos, cinco varóns todos eles de idades comprendidas entre os 22 e os 26 anos, foron trasladados ao Clínico.

Ao lugar do incidente enviáronse tres ambulancias asistenciais, unha ambulancia medicalizada e persoal sanitario do Punto de Atención Continuada (PAC) de Noia.

Tamén acudiron efectivos de Grumir de Noia e Boiro, un equipo de excarceración --que finalmente non tivo que intervir--, a Garda Civil de Santiago e bombeiros de Boiro e Ribeira.

Contenido patrocinado