Falece un mozo de 20 en Santiago ao colisionar o seu turismo e outro camión

Europa Press Galicia
Actualizado: sábado, 11 febrero 2012 11:46

SANTIAGO DE COMPOSTELA 11 Feb. (EUROPA PRESS) -

Un mozo de 20 anos de idade faleceu este sábado en Santiago de Compostela ao colisionar o seu turismo e un camión.

O sinistro tivo lugar sobre as 7.15 horas deste sábado, no quilómetro 54,5 da estrada N-550, no lugar de Sabugueira, na Sionlla, ao colisionar frontalmente ambos os dous vehículos.

Como consecuencia do accidente, o mozo de 20 anos, que responde á identidade de I.E.C., faleceu, segundo indicaron fontes da Garda Civil de Tráfico.

A Central de Emerxencias 112 alertou os servizos do 061 cunha ambulancia medicalizada, efectivos dos Bombeiros e da Garda Civil de Tráfico, segundo indicaron a Europa Press fontes destes servizos.

Contenido patrocinado