Máis de 1.100 útiles incautados e unhas 2 toneladas de especies comisadas en operativos contra o furtivismo

SANTIAGO DE COMPOSTELA, 22 Feb. (EUROPA PRESS) -

   Varios operativos contra o furtivismo realizados polo litoral de Galicia entre o pasado luns 13 e a madrugada do 19 de febreiro saldáronse coa incautación de máis de 1.100 útiles de pesca e o comiso de case 2 toneladas de diversas especies.

   Grande parte do material e das especies correspóndense coa actividade dos axentes do Servizo de Gardacostas de Galicia --dependente da Consellería de Medio Rural e do Mar-- na localidade pontevedresa de Marín e na ría de Muros e Noia, informa o departamento de Rosa Quintana.

   En Marín, os gardacostas, xunto con axentes da Garda Civil, desenvolveron un operativo na estrada, no traxecto Bueu-Marín, no que se incautaron dun vehículo e comisaron 1.019 quilos de diversas especies por documentación irregular.

   Entre elas, a Consellería do Mar destaca os 546 quilos de rapante, 140 de louro e máis de 100 quilos de peixe sapo, que non figuraban na declaración de desembarque. Foron repartidos --gran parte-- en diversos centros benéficos.

   Noutro operativo, na ría de Pontevedra, os axentes incautáronse de 160 nasas de polbo e nécora e 22 quilos de ambas as dúas especies.

   Na ría de Muros e Noia, os axentes do servizo de Gardacostas fixéronse cun total de 712 artes, das cales 664 eran cacharros de polbo --arte non regulada no decreto de artes e aparellos e, polo tanto, prohibida-- e 47 nasas sen identificar. Ademais, comisaron 105 quilos de varias especies, na súa grande maioría de polbo.

   Na ría de Ferrol, pola súa banda, requisáronse 28 aparellos e 283 quilos, dos que 99 eran de polbo e 80 de vieira. Nas inspeccións realizadas na ría de A Coruña, sobresaen as 200 artes incautadas --100 nasas de ferro tipo polbo e 40 de madeira tipo nécora-- e os 171,8 quilos comisados.

   No que respecta á ría de Arousa, os gardacostas requisaron sete artes --destaca un vehículo-- e comisaron 327 quilos de varias especies, dos que 200 eran de vieira.

   Finalmente, a ría de Vigo tamén foi escenario de actuacións que tiveron como resultado a aprehensión de 30 pezas de miño e 50 nasas para polbo e o comiso de 57 quilos entre raia, lumbrigante, sargos, centola, polbo e carioca.

El vídeo comenzará después de 30 segundos de publicidad.
Portal Turismo
 
la actualidad más visitada en www.europapress.es
El CICR confirma que las FARC liberarán al periodista galo el miércoles Nuevo disco de Bon Jovi a principios de 2013 Hesjedal remonta a 'Purito' y gana el Giro

www.europapress.es es el portal de actualidad y noticias de la Agencia Europa Press. Publicación digital auditada por OJD.
© 2012 Europa Press. Está expresamente prohibida la redistribución y la redifusión de todo o parte de los contenidos de esta web sin su previo y expreso consentimiento.