Aviso: Esta noticia tiene más de un año. Última actualización: 19/09/2008 19:23

Medio centenar de artistas cubrirán mañá casas abandonadas de Ferrol con representacións de Las Meninas de Velázquez

   Medio centenar de artistas cubrirán mañá durante 13 horas con representacións de Las Meninas de Velázquez as fachadas das vivendas abandonadas e os muros sen uso do barrio ferrolano de Canido, no marco do 'Encontro Artístico de Canido' co que se tratará de "achegar a arte aos cidadáns".

   A iniciativa está promovida por Eduardo Hermida e Gustavo Sequeiro, dous artistas que viven na zona e queren transformar un dos barrios máis deteriorados de Ferrol nun lugar "inundado de alegría". A idea xurdiu despois de que o mural artístico que realizara no barrio o coruñés Jorge Cabezas fose cuberto aos poucos días por un veciño que con varias brochadas de pintura realizou unha pintada contra unha antena de telefonía móbil.

   O "atentado" contra as "meninas" do pintor coruñés levou os artistas do barrio a formular unha "reinterpretación" do cadro de Diego Velázquez a pintores galegos, que plasmarán as súas obras en 35 fachadas das rúas Alonso López e Estrela, dende as 11.00 horas.

   "Cada artista escollerá a casa na que plasma a obra, mentres que os fotógrafos captan o resultado final e os músicos amenizan o encontro", explicou hoxe en rolda de prensa Eduardo Hermida. "Cada un vai en cada edificio algo que lle pode dar pé a crear a súa propia obra, a textura do edificio, a cor da casa, unhas ramas que poidan saír do patio, é dicir, eles mesmos se darán unha volta e poderán decidir cál é o espazo máis axeitado", explicou.

   O Concello de Ferrol colabora coa iniciativa achegando 40 quilos de pintura para a realización das obras, subministrando alimentos aos participantes e o equipamento técnico que permitirá a participación de distintas formacións musicais. A iniciativa obrigará a reordenar o tráfico rodado do barrio, con cortes de circulación en distintas vías.

El vídeo comenzará después de segundos de publicidad.
Portal Turismo
 
la actualidad más visitada en www.europapress.es
Un empleado de Apple confirma varias características del iPad 3 La ola de frío se agudizará el fin de semana Sobresaliente 'Cum Laude' para la tesis de Camps

www.europapress.es es el portal de actualidad y noticias de la Agencia Europa Press. Publicación digital auditada por OJD.
© 2012 Europa Press. Está expresamente prohibida la redistribución y la redifusión de todo o parte de los contenidos de esta web sin su previo y expreso consentimiento.