No seu ingreso na RAG

Monteagudo considera "unha falacia" a imposición do galego

Henrique Monteagudo Ingresa En La RAG
Foto: EUROPA PRESS

O filólogo entra como académico numerario na RAG para ocupar a vacante que se produciu co falecemento de Antonio Gil Merino

   SANTIAGO DE COMPOSTELA, 25 Feb. (EUROPA PRESS) -

   O filólogo, secretario do consello de la Cultura Galega (CCG) e membro da Real Academia Galega (RAG), Henrique Monteagudo, considerou "unha falacia" a imposición do galego e avogou por "defender, cultivar e promover" o idioma.

   Así se pronunciou este sábado no seu discurso 'Facer país co idioma. Sentido da normalización lingüística' co que ingresou na institución como académico numerario para ocupar a vacante que se produciu tras o falecemento do académico numerario Antonio Gil Merino en 2009.

   Na súa intervención, o novo membro da institución reflexionou sobre "a grave crise" que "sofre a lingua galega", un "cataclismo que se inscribe noutro moito máis amplo" e que está a dar lugar "a un modelo económico, social e cultural" que "ameaza con engulir as conquistas de traballadores, vincular á escravitude á maioría do xénero e destruír definitivamente o patrimonio cultural do que forma parte inseparable a diversidade lingüística".

   Así mesmo, cualificou de "falacia" a contraposición entre "normalización do galego e liberdade lingüística". "É unha falacia que nace tanto dunha serie de malentendidos da primeira como de lecturas tendenciosas da segunda", sentenciou.

LIBERDADE E NORMALIZACIÓN

   Fronte a isto, asegurou que a "liberdade lingüística é unha condición esencial da normalización", do mesmo modo que a normalización é condición esencial da liberdade lingüística". Así, puntualizou que a normalización "ben entendida" ten como obxectivo establecer "as condicións do exercicio da liberdade dos falantes".

   "A imposición do galego é unha falacia. Se o galego é un dereito fundamental en Galicia, carece de sentido falar de imposición do galego o seu territorio", asegurou antes de sinalar que, "o que en realidade acontece é que hai persoas e estamentos sociais que aspiran a vivir e desenvolverse en Galicia ignorando a súa lingua".

ACADÉMICO NUMERARIO

   O secretario da RAG, Xosé Luis Axeitos, foi o encargado de abrir o acto, coa lectura da certificación do acordo no que se determinou a celebración da sesión de ingreso do profesor; mentres que, a académica numeraria Rosario Álvarez Blanco respondeu, en nome da institución, ao discurso pronunciado por Monteagudo.

   Ao acto acudiron, entre outras autoridades, o coselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Jesús Vázquez; o secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo; e o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García; os membros da academia; diversas personalidades da cultura galega e políticos como os deputados socialistas Francisco Cerviño ou Xaquín Fernández Leiceaga.

El vídeo comenzará después de 30 segundos de publicidad.
Portal Turismo
 
la actualidad más visitada en www.europapress.es
El CICR confirma que las FARC liberarán al periodista galo el miércoles Nuevo disco de Bon Jovi a principios de 2013 Hesjedal remonta a 'Purito' y gana el Giro

www.europapress.es es el portal de actualidad y noticias de la Agencia Europa Press. Publicación digital auditada por OJD.
© 2012 Europa Press. Está expresamente prohibida la redistribución y la redifusión de todo o parte de los contenidos de esta web sin su previo y expreso consentimiento.