Pastor garante que serán "austeros" e que non se gastará "nin un euro en cousas superfluas"

Ana Pastor
EUROPA PRESS
Europa Press Galicia
Actualizado: sábado, 3 marzo 2012 15:38

BAIONA (PONTEVEDRA), 3 ( EUROPA PRESS)

A ministra de Fomento, Ana Pastor, asegurou que o Goberno central vai presentar uns Presupostos Xerais do Estado para 2012 "austeros", así como "serios e rigorosos", nos que "non gaste nin un euro en cousas que sexan superfluas", despois de que o líder do Executivo, Mariano Rajoy, anuncie se fixarán cun obxectivo de déficit do 5,8% do PIB.

"Imos facer un presuposto austero", deixou claro Ana Pastor, en declaracións aos medios previas á súa participación na festa da Arribada de Baiona (Pontevedra) -que celebra o 519 aniversario da chegada da carabela Pinta a esta vila galega-, para remarcar que: "ten que ver co que nos está a pasar, cos datos de paro que desgraciadamente temos".

Así, preguntada polo anuncio do presidente do Goberno, Mariano Rajoy, de que o déficit público deste ano pechará no 5,8% do PIB, Pastor destacou que o Executivo central "está a traballar" neste sentido.

En concreto, Pastor destacou que "na liña de reformas" do Goberno co fin de "crear emprego" se aprobou o proxecto de Lei de estabilidade presupostaria, que "significa que non se pode gastar máis do que se ten como pasou ata agora".

Por iso, identificou "o rigor, a seriedade e as reformas" cos "obxectivos do Goberno de España", para o cal puxo a xeito de exemplo, a Lei de estabilidade presupostaria e o teito de gasto fixado na Constitución. "E dende logo, non destinar no caso meu, recursos a obras faraónicas que non serven para nada", defendeu a ministra de Fomento.

Artículos Relacionados

Contenido patrocinado