O PPdeG acepta a proposta de cambios no voto emigrante do PSdeG, porque é a súa postura "dende hai tempo"

Antonio Rodríguez Miranda
Foto: EUROPA PRESS

SANTIAGO DE COMPOSTELA, 22 Feb. (EUROPA PRESS) -

   O voceiro da área institucional do Grupo Parlamentario Popular, Antonio Rodríguez Miranda, deu este mércores a "benvida" ás propostas do PSdeG para reformar o sistema de participación electoral dos emigrantes, co fin de que estes non teñan que pregar o voto, tras aseverar que o seu partido "defende dende hai tempo" estas modificacións.

   Así, a través dun comunicado, saíu ao paso das declaracións da deputada socialista Marisol Soneira, quen formulou a posibilidade de crear circunscricións electorais no exterior, para destacar que "a única novidade" desta proposta é "a asunción" da postura do PP.

   "Hai que darlle a benvida a unha posición máis acorde co que de verdade demandan os emigrantes para exercitar o seu dereito a voto, pero que é sensiblemente diferente á que se aprobou contando coa maioría socialista nas Cortes Xerais", remarcou, en alusión á última da reforma da Lei Orgánica do Réxime Electoral Xeral (Loreg) aprobada por PSOE, PP, CiU e PNV.

   Para xustificar a súa reacción, Miranda apuntou que, no último congreso do PP, se aprobou unha emenda do presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, para modificar a norma tendo en conta que o voto dos emigrantes debe facerse "en urna" e "de forma directa" tras a presentación dun documento oficial ou por correo, logo de solicitude, ao igual que acontece en España.

   "Dende o PP sempre defendemos a necesidade de dignificar o voto dos emigrantes, que sexa totalmente transparente, por o que consideramos esencial que se leve a cabo nas mesmas condicións e coas mesmas garantías que en España", incidiu o popular, quen non desbotou "a adopción de novas formas a través dos sistemas telemáticos".

Ao PSOE "CHEGOULLE A INSPIRACIÓN"

   A maiores, o deputado do PPdeG opinou que "o paso á oposición" serviu aos socialistas para que "lles"chegase a inspiración e o sentido común" no relativo ao voto dos residentes ausentes.

   "Só nos queda saber se a proposta defendida agora pola deputada socialista conta de verdade co aval do seu partido a nivel nacional", incidiu Miranda, convencido de que iso suporía "recoñecer o acerto das propostas formuladas polo PP co obxectivo de garantir o dereito a voto dos emigrantes nas mesmas condicións que os residentes en territorio nacional".

El vídeo comenzará después de 21 segundos de publicidad.
Portal Turismo
 
la actualidad más visitada en www.europapress.es
El CICR confirma que las FARC liberarán al periodista galo el miércoles Nuevo disco de Bon Jovi a principios de 2013 Hesjedal remonta a 'Purito' y gana el Giro

www.europapress.es es el portal de actualidad y noticias de la Agencia Europa Press. Publicación digital auditada por OJD.
© 2012 Europa Press. Está expresamente prohibida la redistribución y la redifusión de todo o parte de los contenidos de esta web sin su previo y expreso consentimiento.