O PPdeG reproba as críticas á nova lei de caixas e asegura que esta "mellora" a representatividade local

O Concello de Vigo terá representación na asemblea xeral de Caixanova como entidade fundadora e corporación local

Europa Press Galicia
Actualizado: martes, 5 enero 2010 18:29

SANTIAGO DE COMPOSTELA, 5 Ene. (EUROPA PRESS) -

O voceiro de Economía do Grupo Parlamentario Popular, Pedro Puy, reprochou hoxe as recentes críticas á nova lei de caixas e considerou que esta "mellora" a representatividade das entidades locais, ao "evitar o monopolio dos grandes concellos" e "manter" a reserva dun terzo nos pequenos.

Ao respecto, o tamén vicevoceiro do grupo criticou que o devandito monopolio "xa leva 20 anos" e recordou de que as dúas caixas galegas --Caixa Galicia e Caixanova-- "son resultado" da absorción de "moitas outras" e do "esforzo e aforro do conxunto dos galegos".

Deste xeito, Pedro Puy cualificou a nova lei como "moi respectuosa" co principio de pluralidade e engadiu que reflicte a realidade das caixas ao operar e buscar recursos en toda Galicia.

Ademais, valorou que esa lei configura estas entidades como "patrimonio dos galegos avanzando na súa democratización" e que "a súa obra social" debe realizarse de forma "equilibrada" en toda a comunidade.

Finalmente, o voceiro ratificou que o Concello de Vigo terá representación na asemblea xeral de Caixanova a través de dúas vías --como entidade fundadora, con oito membros na agrupación, e como corporación local, en función dos depósitos, con catro ou cinco membros máis--.

Contenido patrocinado