O presidente da patronal ve "inadecuada e imprudente" a convocatoria de folga da CIG

Antonio Fontenla
Foto: EUROPA PRESS

LUGO, 8 Feb. (EUROPA PRESS) -

   O presidente da Confederación de Empresarios de Galicia (CEG), Antonio Fontenla, considerou este mércores "inadecuada e imprudente" a convocatoria dunha folga xeral por parte da CIG.

   Antes de participar nun acto co alcalde de A Coruña, Carlos Negreira, na sede da Confederación Empresarial Lucense, argumentou o seu rexeitamento pola "situación que atravesa o país". "Non me parece axeitado" porque parece, ademais, que se pretende coaccionar á reforma do Goberno", sinalou.

   Precisamente sobre a reforma laboral e o que transcendeu desta, dixo que o que coñece non lle satisfai. "Non nos acaba de convencer", dixo, aínda que instou a esperar á súa aprobación e "non ser como algún sindicato que se manifesta previamente contra esta".

   Para o presidente da patronal é preciso que haxa "unhas leis laborais iguais ou parecidas" ás dos competidores. "Estamos en Europa, dentro dun mercado aberto e temos que xogar coas mesmas normas, se non, non seremos competitivos", defendeu.

   Sobre se entende que os bancos, co abaratamento da vivenda que o Goberno prevé que provoque a reforma financeira, faría competencia ás construtoras, Fontenla lamentou que "estean a dar financiamento para aquelas vivendas que teñen eles nos seus stocks e para as que teñen os demais non hai financiamento". "Ese é un tema que haberá que estudar, porque este país recuperará un pequeno pulso de emprego cando a construción se mova", destacou.

El vídeo comenzará después de 21 segundos de publicidad.
Portal Turismo
 
la actualidad más visitada en www.europapress.es
El CICR confirma que las FARC liberarán al periodista galo el miércoles Nuevo disco de Bon Jovi a principios de 2013 Hesjedal remonta a 'Purito' y gana el Giro

www.europapress.es es el portal de actualidad y noticias de la Agencia Europa Press. Publicación digital auditada por OJD.
© 2012 Europa Press. Está expresamente prohibida la redistribución y la redifusión de todo o parte de los contenidos de esta web sin su previo y expreso consentimiento.