Aviso: Esta noticia tiene más de un año. Última actualización: 03/09/2010 15:40

Produtores lácteos solicitarán reunións a MARM, industrias e distribución para falar do prezo do leite

   As organizacións de produtores lácteos Ganaderos Unidos, Prolec e Feplac solicitarán formalmente reunións con responsables do Ministerio de Medio Ambiente, Medio Rural y Marino (MARM), industrias do sector e distribución comercial para denunciar o baixo prezo do leite en orixe e reclamar unha mellora.

   Representantes das tres entidades, que aínda traballan no seu proceso de fusión, reuníronse este venres na capital galega para estudar un calendario de reunións, mobilizacións e accións informativas, mediante as que pretenden demandar un aumento do prezo que se paga ao gandeiro por litro de leite --28 céntimos de media en Galicia--.

   Segundo sinalou a Europa Press o presidente de Prolec-Galicia, Xosé Carlos Vega, as tres organizacións coinciden ao subliñar que todos os axentes do sector "teñen que tomar cartas" nesta materia.

   "Os prezos en España non se rematan de recuperar, concretamente en Galicia", asegurou, ao tempo que contrastou esta situación coa do resto de Europa, onde si se produciron incrementos, como apuntou. "Cremos que a industria láctea está a abusar da súa posición e reclamamos xustiza", sostivo.

   Á parte de solicitar formalmente unha reunión con responsables do MARM, farán o mesmo cos das asociacións Anged, Asedas e Aces, que representan á distribución comercial. De igual modo, dirixiranse á Federación Nacional de Industrias Lácteas (Fenil), cos representantes das cales aspiran a manter un encontro entre os días 20 e 24 de setembro.

El vídeo comenzará después de segundos de publicidad.
Portal Turismo
 
la actualidad más visitada en www.europapress.es
Timerman viaja a la ONU para denunciar la "militarización" Alerta amarilla en Castilla-La Mancha por bajas temperaturas Un total de 43 provincias están en alerta por frío, viento y oleaje

www.europapress.es es el portal de actualidad y noticias de la Agencia Europa Press. Publicación digital auditada por OJD.
© 2012 Europa Press. Está expresamente prohibida la redistribución y la redifusión de todo o parte de los contenidos de esta web sin su previo y expreso consentimiento.