Unha avaría nun deshumificador provoca un incendio nun piso de Ferrol

Europa Press Galicia
Actualizado: miércoles, 22 febrero 2012 18:43

FERROL 22 Feb. (EUROPA PRESS) -

Unha avaría nun deshumificador provocou un pequeno incendio nun piso da zona do Ensanche en Ferrol, pero sen que se producisen ferido nin afectase ao resto de plantas do edificio, a pesar de que se formou unha gran humareda.

Segundo informaron os Bombeiros de Ferrol, a alerta recibiuse sobre as 11.15 horas. Foi unha das dúas persoas que residía no inmoble a que deu aviso do incendio.

O edificio está situado no número 24 da rúa Pontevedra, e o lume, que se produciu na primeira planta, non afectou ao resto do inmoble.

Ata o lugar desprazáronse cinco efectivos dos bombeiros que extinguiron o lume sen dificultade. Só se produciron algúns danos materiais e danos na vivenda provocados polo fume que se xerou.

Contenido patrocinado