pide aos sindicatos que negocien

A Xunta non retirará as medidas de recorte na función pública

La Conselleira De Facenda, Muñoz Fonteriz, En Unas Jornadas Sobre Auditoría
Foto: EUROPA PRESS

SANTIAGO DE COMPOSTELA, 8 Feb. (EUROPA PRESS) -

   A conselleira de Facenda, Elena Muñoz Fonteriz, indicou este mércores que a Xunta non retirará ningunha das medidas de recorte propostas para os empregados públicos e destacou que o Goberno galego seguirá "coa man tendida ata o final" para buscar acordos cos sindicatos.

   Muñoz afirmou, en resposta a preguntas dos xornalistas tras inaugurar unhas xornadas sobre auditoría, que cando se presentaron as medidas aos sindicatos, o pasado venres, o Goberno galego trasladou "dende o primeiro momento" que estaba "disposto a falar" con estas organizacións e a "chegar a acordos".

   En calquera caso e ante a petición conxunta de retirada feita polos sindicatos, a titular de Facenda negou que se vaia suprimir algunha delas. "Xa dixemos que a vontade do Goberno galego era a negociación pero en todo caso é unha decisión do Goberno, é unha decisión meditada", defendeu. "Polo tanto, estas medidas seguiranse mantendo", avanzou.

   Ademais, sinalou que, tras protestar os sindicatos polo prazo fixado para presentar as alegacións --nun principio tería que rematar este martes--, a Xunta prolongou o período ata o xoves. "Agora atopamos con que anuncian que non van efectuar ningunha alegación e que van propoñer a retirada do texto, o que é bastante sorprendente para nós", destacou.

   O Goberno autonómico, insistiu a conselleira de Facenda, recalca a súa "intención de negociar as medidas, que son necesarias". Así, destacou que a súa pretensión é "evitar un recorte nos salarios" dos empregados públicos.

   "Seguiremos coa man tendida para negociar ata o final", dixo, en alusión a que os sindicatos reclamaron a retirada do texto e ameazaron cunha folga. "Intentaremos que eles recapaciten e que se aveñan a sentar connosco e falar destas medidas e chegar a acordos; esa vontade de diálogo manterémola ata o final", asegurou.

   Entre as medidas propostas pola Xunta no anteproxecto de lei de medidas no emprego público están unha redución de ata un terzo da xornada, co conseguinte descenso do salario, ou que o Goberno non aboe o complemento por incapacidade temporal nos primeiros 21 días de baixa, salvo nos casos de accidente laboral, enfermidade profesional e maternidade.

El vídeo comenzará después de 30 segundos de publicidad.
Portal Turismo
 
la actualidad más visitada en www.europapress.es
El CICR confirma que las FARC liberarán al periodista galo el miércoles Nuevo disco de Bon Jovi a principios de 2013 Hesjedal remonta a 'Purito' y gana el Giro

www.europapress.es es el portal de actualidad y noticias de la Agencia Europa Press. Publicación digital auditada por OJD.
© 2012 Europa Press. Está expresamente prohibida la redistribución y la redifusión de todo o parte de los contenidos de esta web sin su previo y expreso consentimiento.