SANTIAGO DE COMPOSTELA 10 Jun. (EUROPA PRESS) -
Axentes da Garda Civil detiveron a un veciño de Pontedeume (A Coruña) como presunto autor dun delito de tráfico de drogas, e ao que lle interviñeron 129 gramos de cocaína, 107 gramos de haxix, dúas básculas de precisión e 400 euros en efectivo.
Segundo informaron fontes da Comandancia da Coruña, os feitos ocorreron cando unha patrulla que estaba a realizar labores de prevención deulle o alto a un turismo para comprobar a documentación do condutor e do vehículo.
O home ao volante comezou a mostrar unha actitude nerviosa, o que levantou as sospeitas dos axentes. Así, os gardas realizaron un rexistro e atoparon, nun dos petos da súa cazadora, un envoltorio de plástico cuns pos brancos, supostamente cocaína, cun peso de 110 gramos, polo que se procedeu á súa detención.
Posteriormente, no rexistro da súa vivenda, a Garda Civil atopou outras 38 bolsas de plástico, con 0,5 gramos cada unha de cocaína, así como 10 'landras' e unha tableta de haxix, dúas básculas de precisión e 400 euros.
O detido e as dilixencias practicadas foron postos a disposición do tribunal de instancia de Betanzos.