Detidos dous veciños da Guarda (Pontevedra) que vendían cocaína e heroína nunha vivenda da localidade

Detidos dous veciños da Guarda (Pontevedra), un home de 56 anos anos e unha muller de 63 anos, como presuntos autores dun delito de tráfico de drogas.
GUARDIA CIVIL
Europa Press Galicia
Publicado: jueves, 11 junio 2026 10:08

VIGO 11 Jun. (EUROPA PRESS) -

A Garda Civil detivo a dous veciños da Guarda (Pontevedra), un home de 56 anos de idade e unha muller de 63 anos, como presuntos autores dun delito de tráfico de drogas e desactivaron un punto negro de venda de estupefacientes nesa localidade do Baixo Miño.

A investigación iniciouse a principios de maio por mor dunha información recibida sobre o aumento da presenza de toxicomános nunha zona do pobo, nas proximidades dun domicilio. As vixilancias dos axentes permitiron corroborar unha gran trasfega de consumidores, que saían dunha vivenda con diferentes sustancias estupefacientes.

O pasado 5 de xuño levou a cabo unha entrada e rexistro nese domicilio e procedeuse á detención dos dous sospechosso. Na operación interviñéronse 20 papelinas de cocaína e heroína preparadas para a súa venda, 12 gramos de heroína, 70 gramos de cocaína, 50 gramos de sustancia de corte, 1.700 euros en efectivo, aveños para a adulteración, cociñado e venda de droga, ademais de aveños procedentes dun roubo con forza en vivenda.

Os detidos, xunto coas dilixencias, foron entregados na Sección Civil e de instrución do Tribunal de Instancia de Tui, Praza 3, que acordou a posta en liberdade dos dous arrestados, ambos os investigados por tráfico de drogas.

Contador

Últimas noticias sobre estos temas

Contenido patrocinado