Extinguido o incendio forestal de Teo (A Coruña)

Imagen del incendio de Teo (A Coruña)
EP/CEDIDA
Actualizado: martes, 30 junio 2015 9:44

   SANTIAGO DE COMPOSTELA, 30 Jun. (EUROPA PRESS) -

   O incendio forestal declarado o luns no municipio coruñés de Teo foi extinguido sobre as 3,30 horas da madrugada deste martes, tras arrasar 55 hectáreas de monte arboredo.

   Diso deu conta a Consellería de Medio Rural a través da súa conta de Twitter, na que tamén confirmou que o lume de Sober (Lugo), que afectou a unhas 16 hectáreas, quedou controlado poucos minutos antes da media noite.

   En canto ao de Teo, na parroquia de Calo, comezou pasadas as 17,30 horas do martes e o departamento que dirixe Rosa Quintana activou a 'situación dous' pola súa afectación ambiental e pola proximidade a vivendas.

   Pola súa banda, no incendio rexistrado na parroquia de Anllo, en Sober, tamén se requiriu poñer en marcha o protocolo para a 'situación dous' pola proximidade das casas ao lume.