Feridas dúas persoas nun accidente rexistrado ao cruzarse un cabalo na estrada en Vilalba (Lugo)

Europa Press Galicia
Actualizado: lunes, 3 junio 2013 12:35

SANTIAGO DE COMPOSTELA 3 Jun. (EUROPA PRESS) -

Dúas persoas resultaron feridas nun accidente no que se viron implicados dous coches, que se produciu ao cruzarse un cabalo na estrada en Vilalba (Lugo), informaron fontes do 112 e do 061.

O sinistro produciuse pasadas as 23.00 horas deste domingo, no quilómetro 629 da estrada N-634, na parroquia de Alba, e víronse implicados dous vehículos, un dos cales quedou envorcado.

Deste último turismo saíu polos seus propios medios unha muller, que dixo atoparse ben, segundo o relato que un particular fixo ao 112 sobre o sinistro. Pola súa banda, o 061 indicou que ao lugar se enviaron dúas ambulancias asistenciais e ao médico de Vilalba.

Finalmente foron trasladados ao hospital Lucus Augusti unha muller de 21 anos de idade nunha ambulancia asistencial e un home de 47 anos, que foi acompañado do médico na outra ambulancia.

Ao lugar desprazáronse tamén a Garda Civil e Protección Civil de Vilalba, os cales se encargaron de apartar o cadáver do cabalo da calzada.

Contenido patrocinado