O músico Cristian Silva leva o son da gaita tradicional ao indie no seu primeiro disco, 'Ego'

Europa Press Galicia
Actualizado: domingo, 22 noviembre 2015 19:54

SANTIAGO DE COMPOSTELA 22 Nov. (EUROPA PRESS) -

O músico Cristian Silva lanzará este inverno o seu primeiro disco que, baixo o título de 'Ego', lle servirá para levar o son da gaita e da percusión tradicional ao plano do indie-pop.

Producido ao completo polo propio músico e editado por Inquedanzas sonoras, este traballo reúne un total de dez temas, principalmente composicións propias, e colaboracións de músicos como Davide Salvado, Pedro Pascual e o grupo Pandeiromus.

Deste modo, en 'Ego', que sairá á venda en decembro, os interesados poderán atopar música tradicional, pero tamén tinguiduras de rock, flamenco ou música electrónica. Todo iso baixo o prisma do propio autor, coñecido polo público polo seu traballo no programa Luar.

Así, Cristian Silva son quen toca o medio centenar de instrumentos que se poden escoitar ao longo dun disco no que se mestura a tradición coa vangarda e no que se afonda nas novas técnicas interpretativas da gaita.

Cristian Silva é un músico polifacético con dominio en varios estilos e diversos instrumentos de todo tipo. Na súa formación destaca o Título Superior en Instrumentos de Música Tradicional e Popular polo Conservatorio Superior de Vigo ou o Título Profesional de Gaita. Ademais, é máster en Artes Escénicas pola Univesidade de Vigo. Completa a súa formación como artesán de instrumentos populares no taller da Escola de Artes e Oficios de Vigo.

Contenido patrocinado