O PP rexeita a proposta do BNG de incluír cláusulas sociais e de igualdade na contratación pública

Archivo - Arquivo - Pleno do Parlamento de Galicia
PARLAMENTO - Archivo
Europa Press Galicia
Publicado: martes, 6 mayo 2025 11:10

   SANTIAGO DE COMPOSTELA, 6 May. (EUROPA PRESS) -

   O PP rexeitou a proposta de lei para a inclusión de cláusulas sociais e de igualdade na contratación pública no réxime de axudas e subvencións ao considerala "unha emenda á totalidade da contratación pública" da Xunta e porque entende que a Administración autonómica xa promove ese tipo de criterios.

   Na defensa desta iniciativa, a deputada do Bloque Noa Presas explicou que se pretende incluír cláusulas de igualdade, sociais, ambientais, laborais, lingüísticas, de mellora no ámbito da inclusión de persoas con discapacidade, así como contratos reservados para "as demandas da economía social".

   "Propomos con esta proposición de lei un cambio de modelo para incluír cláusulas sociais e de igualdade na contratación pública e cambiar ese modelo obsoleto e feudal do Partido Popular por un novo modelo que signifique avance e futuro", reivindicou Presas.

   Pola súa banda, a parlamentaria do PSdeG Patricia Iglesias, que avanzou o voto favorable do Grupo Socialista, apuntou que "o 92% das entidades do sector público non verifican e non controlan" que se cumpran estas cláusulas sociais.

   Mentres, o deputado do Grupo Popular Roberto Rodríguez reprochou que esta proposta é "unha emenda á totalidade da contratación pública autonómica" e insistiu en que "o obxectivo que pretende o BNG xa está lexislado" e "xa se está cumprindo".

(HABERÁ AMPLIACIÓN)

Últimas noticias sobre estos temas

Contenido patrocinado