SANTIAGO DE COMPOSTELA, 28 Abr. (EUROPA PRESS) -
O novo presidente do Consello da Cultura Galega (CCG), Ramón Villares, declarou hoxe que asume o cargo cunha idea de "continuidade" ao frente da institución, pero tamén coa intención de "reforzar máis" a función asesora.
Nunha entrevista na TVG, recollida hoxe por Europa Press, Villares opinou que "algúns aspectos" da actividade do CCG "hai que cambialos", de forma que se "reorieten un pouco os recursos, que non son moi grandes, pero sí importantes". Asemade, salientou o equipo humano que traballa para o Consello.
O novo responsable do CCG amosouse partidario de "modificar formas de traballo" e de "reforzar máis" o ámbito da asesoría para que "non só sexa para a institución autonómica, senón tamén para os concellos e para as institucións privadas se fose necesario". "Creo que a asesoría é moi importante", asegurou.
Villares apostou tamén por "reforzar a condición de casa da cultura e de lugar de encontro de iniciativas local e da sociedade civil" que debe ter o CCG. Tamén quere que a institución se achegue á cidadanía, no senso de "facelo máis transparente que se vexa que é útil o que se fai".
ESTATUTO DE AUTONOMÍA
En canto ao proceso de reforma do Estatuto de Autonomía, o novo presidente do CCG manifestou que "pode afectar moito ou pouco" á organización da institución. Lembrou que o CCG é un órgano de rango estatutario e, opinou, "iso non está en dúbida". Engadiu que o Consello foi desenvolto en 1983 por unha Lei do Parlamento de Galicia e, precisou, "se hai novo Estatuto, como espero ainda que tarde, pode haber unha lei que regule o Consello".
Villares asegurou que "o importante" neste proceso será "se se mantén o criterio" de que o CCG ten que ser "un lugar independente e plural, que non dependa dos cambios de gobierno inmediatos". "Ese é o espíritu no que naceu e vive o Consello", dixo, ao tempo que engadiu que tamén cre que é o que manteñen as forzas políticas.
Sobre as opinións que poida aportar o CCG para a reforma do Estatuto galego, sinalou que é unhas terán que ver co papel da propia institución e das entidades culturais e outra sobre o propio texto.
Villares opinou que Galicia "xustifícase como nación cultural" e cualificou de "irrenunciable" o concepto de que a cultura forma parte como "elemento central" da definición da identidade propia. Sinalou que outra cousa será cántos artigos debe ter o novo Estatuto e que nesto a institución "no vai entrar".
IDIOMA
Por outra banda, Ramón Villares lembrou que o CCG "contribúe á normalización" do uso do galego, xa que ten "un compromiso" coa lingua, como signo "diferencial" da identidade e da cultura de Galicia. Pode dar "opinións" sobre a política lingüistica vai ven ou mal, pero "non é una entidade executiva".
Analizou que as linguas "non é que estén ameazadas, senón que están en movemento" e constatou que, neste contexto, o galego, ainda cos "apoios e a recuperación institucional", ten "riscos" e está "encaixonado entre dous linguas potentes, como son o castelán e o galego". Sinalou que hai un debate "non fácil de resolver" de se o galego se disolve no portugués ou formar parte dese tronco común, "algo lexítimo pero difícil na práctica", ou se se mantén como lingua propia e diferente do portugués e do castelán, algo que a medio prazo "o ten máis difícil".
O novo presidente do CCG admitiu que "de momento ainda non se precibe moito" que haxa cambios na política lingüística da nova Xunta, pero opinou que "se verán a medio prazo". Na súa opinión, a Secretaría Xeral de Política Lingüística "cambiou de estilo e está definindo o seu ámbito", pero é "prematuro" falar sobre se se nota.
Por último, Villares manifestou que o galego está "asumido" polos partidos políticos, ainda que "de forma desigual", e tamén polas institucións, polo que rexeitou que o idioma sexa "motivo de confrontación".