Aviso: Esta noticia tiene más de un año. Última actualización: 11/03/2010 18:04
Consello

O Goberno galego obvia "diferenzas políticas" e enxalza a "traxectoria humana e política" de Touriño

   SANTIAGO DE COMPOSTELA, 11 Mar. (EUROPA PRESS) -

   O Goberno galego apostou hoxe por obviar "diferenzas políticas" e realizou, a través do seu presidente, Alberto Núñez Feijóo, un xesto de recoñecemento ao ex titular da Xunta Emilio Pérez Touriño, quen renunciou onte ao seu escano na Cámara autonómica, enxalzando a súa "traxectoria humana e política".

   "Touriño deixa unha pegada que debe ser saudada", proclamou o xefe do Executivo autonómico na rolda de prensa posterior ao Consello da Xunta, onde recordou que os grandes países "se distinguen" pola súa capacidade para "recoñecer como merecen os homes que lle serviron", como o ex líder socialista á comunidade galega.

   "Galicia é un gran país que constrúe a súa autonomía grazas á entrega de políticos que cubriron con dignidade a etapa democrática que lle tocou percorrer e Emilio Pérez Touriño é un deles", remarcou, antes de asegurar que "non pode haber diferenzas políticas" que impidan "gabar a súa traxectoria humana e política".

   Así xustificou Feijóo o "recoñecemento explícito" do seu Goberno cara a Touriño, malia as dúbidas, críticas e acusacións que o PP lanzou contra o ex líder do PSdeG dende a oposición, convencido de que este "sentimento" o comparte "a inmensa maioría" dos galegos, "con independencia da súa ideoloxía".

   Ao respecto, destacou que o debate entre as diferentes opcións políticas e o "respecto" aos mandatarios que traballaron a favor dos seus concidadáns son "dúas caras dunha democracia consolidada". "Sen o debate, a convivencia democrática cae, pero sen o respecto, o país perde a unidade esencial que caracteriza ás sociedades fortes", aseverou.

PATRIMONIO DE GALICIA

   Por último, Alberto Núñez Feijóo proclamou que os ex presidentes "son patrimonio" de Galicia e incidiu en que Pérez Touriño, a quen agradeceu os servizos prestados á comunidade, "forma parte dese patrimonio e deixa nel unha pegada que merece ser saudada por todos".

   Neste sentido, resaltou que Touriño seguirá servindo a Galicia dende o Consello Consultivo e ao seu presidente a través das consultas que lle fará "cando o considere conveniente". "Pódolles asegurar que o fixen e que lle seguirei consultando nos asuntos que considere importantes", concluíu Feijóo.

El vídeo comenzará después de segundos de publicidad.
Portal Turismo
 
la actualidad más visitada en www.europapress.es
Anonymous ataca las web de la CIA y del Gobierno de Alabama Reino Unido advierte de que defenderá "enérgicamente" las islas Malvinas Obama obligará a las aseguradoras a pagar los anticonceptivos de las mujeres

www.europapress.es es el portal de actualidad y noticias de la Agencia Europa Press. Publicación digital auditada por OJD.
© 2012 Europa Press. Está expresamente prohibida la redistribución y la redifusión de todo o parte de los contenidos de esta web sin su previo y expreso consentimiento.