Noriega lamenta que Industria non aceptase a tradución do informe e pide "sentido común"

Martiño Noriega, alcalde de Santiago, en rueda de prensa
EUROPA PRESS
Actualizado: jueves, 21 julio 2016 18:30

   Martiño Noriega advirte de que xa non son "tempos do Cid Campeador" e denuncia que o IDEA viva no "pensamento único"

   SANTIAGO DE COMPOSTELA, 21 Jul. (EUROPA PRESS) -

   O alcalde de Santiago de Compostela, Martiño Noriega, lamentou que o Ministerio de Industria, a través do Instituto para a Diversificación e o Aforro de Enerxía (IDEA), non aceptase a subsanación dun informe enviado no marco dun expediente para pedir unhas axudas para medidas de aforro enerxético, xa que se lle ofreceu a tradución do documento, inicialmente traslado en galego. Así, reprochou que non imperase o "sentido común".

   Noriega, que sostivo que xa non son "tempos do Cid Campeador" e quen denunciou "politicamente" que o IDEA "debe vivir politicamente nos tempos do pensamento único", indicou que o Concello valora exercer accións conxuntas con Teo, pero recoñeceu que a vía do contencioso-administrativa pode se máis custoso e significar perder máis tempo, posto que antes habería unha nova convocatoria de axudas.

   O alcalde compostelano, que explicou que só foi un dos documentos o que se enviou en galego, ao respecto do que significou que non houbo "mala fe" por parte da intervención, recordou que se quixo emendar o erro --xa que os requisitos pedían que fosen en castelán-- pero non se lles aceptou por parte do instituto enerxético. "É pouco comprensible", considerou.

"ESTUPOR"

   Neste sentido, recordou que se trata dunhas axudas para implementar medidas de aforro enerxético e entendeu que, máis alá da vía xudicial, está "o sentido común" e un "mínimo" de comprensión.

   Martiño Noriega mostrou o seu "estupor" polo acontecido con respecto a un documento, que aínda que tiña que ser enviado en castelán foi remitido nunha das linguas "cooficiais" e que, en todo caso, se quixo emendar.