O 061 asistiu a 41 persoas por 36 accidentes de tráfico a fin de semana en Galicia, das que dous faleceron

Accidente De Tráfico
112
Europa Press Galicia
Actualizado: lunes, 21 mayo 2012 13:39

SANTIAGO DE COMPOSTELA 21 May. (EUROPA PRESS) -

Urxencias Sanitarias de Galicia-061 asistiu durante a fin de semana a un total de 41 persoas debido a 36 accidentes de tráfico rexistrados na rede viaria galega, das que dous faleceron.

A Central de Coordinación do 061, recibiu entre as 15.00 horas do venres e as 23.59 horas do domingo 42 chamadas en relación con accidentes de tráfico. O maior número de atencións por sinistros rexistrouse o sábado, con 14 incidentes.

Os recursos sanitarios mobilizados polo 061 ascenderon a 51. En concreto, as ambulancias medicalizadas acudiron a dous sinistros; o helicóptero realizou unha asistencia; as ambulancias asistenciais en 38; as ambulancias concertadas, tres; e os médicos de Atención Primaria prestaron asistencia en sete casos.

En 35 casos os feridos foron levados aos centros hospitalarios correspondentes, unha persoa a un centro de Atención Primaria, outros tres feridos recibiron asistencia no lugar do incidente sen necesitar traslado e dúas persoas faleceron no punto do accidente.

A proporción de homes atendida foi do 46 por cento e a de mulleres do 54 por cento. En canto ás idades dos feridos, un 34 por cento tiña entre os 20 e 29 anos.

A Coruña foi a provincia que rexistrou o maior número de accidentes de tráfico durante os desprazamentos da fin de semana, con 19; seguida de Pontevedra, con 14; e Lugo, con tres, mentres que en Ourense non houbo ningún.

Contenido patrocinado