SANTIAGO DE COMPOSTELA 21 May. (EUROPA PRESS) -
Un mozo duns 22 anos de idade resultou ferido tras sairse da vía o seu vehículo e ser atropelado por outro ao baixar do coche no termo municipal de Bergondo (A Coruña).
Segundo os datos facilitados polo 112 a Europa Press, o sinistro tivo lugar sobre as 23.50 horas do domingo na estrada que une A Coruña e Ferrol ao pasar o polígono industrial de Bergondo.
O accidente consistiu na saída de vía dun vehículo, o ocupante do cal saíu do turismo, momento no que foi atropelado por un segundo coche.
O 061 desprazou ao lugar unha ambulancia asistencial que trasladou ao Complexo Hospitalario Universitario A Coruña (Chuac) ao ferido, J.M.P., de 22 anos de idade, segundo informaron fontes sanitarias.
Ademais, sobre as 22.30 horas do domingo rexistrouse unha colisión entre un turismo e unha moto no quilómetro 71 da estrada AC-550 no municipio coruñés de Noia. O 061 desprazou un médico do PAC e unha ambulancia asistencial que evacuou un varón ferido, B.R.G., de 70 anos, ao Complexo Hospitalario Universitario de Santiago (CHUS).