Goberno de Vigo pide á Xunta que devolva as competencias en Xustiza "se non é capaz de cumprir as súas obrigas"

Advirte de que "os tempos en que a Xunta mandaba en Vigo e o Concello obedecía xa remataron"

   VIGO, 8 Feb. (EUROPA PRESS) -

   O Concello de Vigo replicou á Xunta --que lle demanda a cesión dos terreos para a construción da Cidade da Xustiza-- que "ten a obriga de comprar o chan" e lle pide que, se non é capaz de cumprir as súas obrigas" en materia de Xustiza, devolva as competencias ao Executivo central.

   Nun comunicado, a concelleira de Urbanismo, Carmela Silva, indica que corresponde á Xunta a adquisición dos terreos xa que "para iso recibiu os recursos do Goberno de España". Así, considera "obvio que gastou este diñeiro noutro sitio" pois "de non ser así non se entendería que non queiran achegar a cantidade económica necesaria" para o proxecto.

   Así mesmo, sinala que o Executivo galego "é o que se pode endebedar" para adquirir ese chan xa que "Vigo non pode facelo". Non obstante, recorda que a oferta trasladada polo Concello á Xunta inclúe unha cesión de terreos (aproximadamente a terceira parte) por valor de 1,2 millóns de euros.

   Por outra banda, a responsable de Urbanismo insiste en que "a ocupación directa con vivendas non é posible na práctica" --a Xunta defende esta posibilidade-- e xustifícao en que "depende do mutuo acordo cos propietarios". Silva xulga que esta situación sería "difícil de xestionar por unha administración municipal" e "abocaría á expropiación".

   Fronte a iso, defende que o Goberno autonómico dispón de máis mecanismos para negociar "permutas ou outro tipo de acordos que non suporían un desembolso inmediato" como si acontece coas expropiacións.

ADIANTAR RECURSOS

   Nese sentido, aclara que "o que se propón á Xunta é que, en lugar de ter que comprar o solo agora e pagalo, adiante unha parte dos recursos que recibirá cando se desenvolva o ámbito urbanístico".

   Finalmente, tras indicar que no caso dos terreos de Ferrol e o edificio de A Coruña que foron cedidos polos seus concellos para novas infraestruturas xudiciais eran públicos, ao igual que Vigo ofrece unha parcela pública valorada en 1,2 millóns"; a edil de Urbanismo advirte de que "os tempos en que a Xunta mandaba en Vigo e o Concello obedecía xa remataron".

El vídeo comenzará después de 30 segundos de publicidad.
Portal Turismo
 
la actualidad más visitada en www.europapress.es
El CICR confirma que las FARC liberarán al periodista galo el miércoles Nuevo disco de Bon Jovi a principios de 2013 Hesjedal remonta a 'Purito' y gana el Giro

www.europapress.es es el portal de actualidad y noticias de la Agencia Europa Press. Publicación digital auditada por OJD.
© 2012 Europa Press. Está expresamente prohibida la redistribución y la redifusión de todo o parte de los contenidos de esta web sin su previo y expreso consentimiento.