Un incendio afecta a biomasa almacenada nunha granxa de polos en Xunqueira de Ambía (Ourense)

Europa Press Galicia
Actualizado: lunes, 21 mayo 2012 13:36

OURENSE 21 May. (EUROPA PRESS) -

Un incendio rexistrado nunha granxa de polos na noite do domingo na localidade ourensana de Xunqueira de Ambía afectou a biomasa acumulada nun almacén.

Segundo os datos facilitados polo 112 a Europa Press, ás 21.15 horas do domingo un particular alertou dun lume nunha granxa de polos no lugar de Lagoa de Antela, na que non resultaron afectadas aves nin a estrutura.

Foron mobilizados os Bombeiros de Xinzo, Protección Civil de Xinzo, Grumir de Allariz, Consellería de Medio Ambiente, Augas de Galicia e Garda Civil.

As mesmas fontes indicaron que resultou afectada biomasa acumulada nun almacén e confirmaron que a estrutura non resultou danada.

Contenido patrocinado