Jorquera critica que a arbitraxe proposta por Feijóo é "non asumir responsabilidades" con afectados por preferentes

Acusa ao presidente da Xunta de "botar balóns fóra como Sergio Ramos"

El Candidato Del BNG A La Presidencia De La  Xunta, Francisco Jorquera
EUROPA PRESS
Europa Press Galicia
Actualizado: sábado, 19 mayo 2012 19:16

SANTIAGO DE COMPOSTELA, 19 May. (EUROPA PRESS) -

O candidato do BNG á presidencia da Xunta, Francisco Jorquera, criticou que a arbitraxe --que consiste en seguir unha vía extraxudicial a través dun laudo arbitral-- proposto polo xefe do Executivo galego, Alberto Núñez Feijóo, como alternativa aos afectados polas participacións preferentes "é non asumir responsabilidades".

Deste xeito pronunciouse o dirixente nacionalista tras ser preguntado polo encontro mantido entre Núñez Feijóo e os afectados por este produto financeiro na tarde do venres, para criticar que o líder do Goberno galego "volveu dar unha demostración de absoluta impotencia" para resolver un problema que "afecta a miles de galegos".

E é que o nacionalista Francisco Jorquera censurou que o Goberno galego aposte pola vía da arbitraxe como "unha das mellores alternativas".

A este respecto, Jorquera considerou que o presidente da Xunta "debe asumir unhas responsabilidades que ten" na medida en que "permitiu a bancarización das caixas e que Galicia deixase de ter competencias para controlar o seu sector financeiro". Ademais, reprocha que non "obrigou as entidades financeiras a responder por un auténtico corralito".

"BOTAR BALÓNS FÓRA"

"Feijóo é un experto en botar balóns fóra, cada vez recórdame máis a Sergio Ramos", ironizou o nacionalista antes de incidir en que "debe de responder por unhas participacións que foron froito dun cambio da normativa consensuado por PP e PSOE en 2003 e que legalizou produtos financeiros contraindicados".

Fronte a iso, asegurou que os poderes públicos "teñen instrumentos" para solucionar este problema e considerou que "se teñen a vontade de mobilizar 15.000 millóns de euros públicos para sanear a banca privada", esta inxección "debe estar sempre condicionada a que se cumpran requisitos como a devolución do diñeiro aos afectados" polas preferentes".

Por último, augurou que os novos requisitos de capitalización considerados no decreto de reestruturación financeira aprobado polo Goberno Central "dificultarán aínda máis que Novagalicia Banco poida devolver o diñeiro aos afectados".

Contenido patrocinado