PONTEVEDRA 21 May. (EUROPA PRESS) -
O veciño do Porriño (Pontevedra) detido o domingo por agredir cun machado na cabeza un axente da Guardia Civil, o que motivo que o agresor fose reducido cun disparo na perna, pasará a disposición xudicial na mañá deste luns.
Segundo informaron a Europa Press fontes da Guardia Civil, está previsto que sobre as 11.00 horas o detido, J.M.R.P., de 31 anos, pase a disposición xudicial no Xulgado de Instrución do Porriño.
Os feitos tiveron lugar ás 5.45 horas deste domingo despois de que unha patrulla da Benemérita procedese a identificar un varón, de 31 anos e veciño do Porriño, que deambulaba pola rúa cun machado na man.
Segundo o relato da Guardia Civil, ante a "actitude violenta" do agresor e despois de golpear cun machado un axente --que recibiu seis puntos de sutura na cabeza--, un dos compañeiros do agredido realizou un disparo intimidatorio ao aire "que non foi suficiente", polo que procedeu a reducir o individuo cun disparo nunha perna.
O veciño do Porriño xa foi dado de alta tras ser evacuado a un centro médico polo disparo na perna, e permaneceu no calabozo á espera de pasar a disposición xudicial este luns, acusado de atentado contra a autoridade.