O PPdeG replica que a solicitude dunha comisión de investigación "non ten que ser atendida cando quere" o PSOE

Foto Pedro Puy Xunta De Portavoces
Foto: EUROPA PRESS/REMITIDO

SANTIAGO DE COMPOSTELA, 8 Feb. (EUROPA PRESS) -

   O voceiro do Grupo Parlamentario Popular, Pedro Puy, replicou este mércores aos socialistas que a solicitude de abrir unha comisión de investigación sobre a extinción do sistema financeiro "non ten que ser atendida cando eles queiran".

   Nun comunicado, mostrou a súa "sorpresa" pola petición de amparo do Grupo Socialista --anunciada polo seu vicevoceiro, María José Caride-- á presidenta do Parlamento, Pilar Rojo, a raíz do veto do partido maioritario a debater este asunto no pleno.

   "A señora Caride estivo presente na Xunta de Voceiros e o propio letrado maior explicou que a presentación dunha solicitude de comisión de investigación non ten que ser atendida pola maioría cando queren os socialistas", recriminou, comparando este caso coas "peticións de comparecencia de membros do Goberno".

   Ademais, Puy Fraga abundou en que o letrado maior da Cámara galega "informou de que a solicitude dunha comisión de investigación non supón a súa aceptación de forma inmediata, senón que se pode aprazar, como xa fixeron socialistas e nacionalistas na anterior lexislatura".

   A maiores, o deputado do PP considerou "esperpéntico" que o PSdeG "fale de echcar paladas de area ás caixas galegas", posto que "o único culpable da desaparición deste modelo de entidades financeiras centenario foi o Goberno socialista".

El vídeo comenzará después de 21 segundos de publicidad.
Portal Turismo
 
la actualidad más visitada en www.europapress.es
El CICR confirma que las FARC liberarán al periodista galo el miércoles Nuevo disco de Bon Jovi a principios de 2013 Hesjedal remonta a 'Purito' y gana el Giro

www.europapress.es es el portal de actualidad y noticias de la Agencia Europa Press. Publicación digital auditada por OJD.
© 2012 Europa Press. Está expresamente prohibida la redistribución y la redifusión de todo o parte de los contenidos de esta web sin su previo y expreso consentimiento.