PSdeG di que "está ben" que á Xunta "lle preocupe cadrar contas" pero censura que isto provoque aumentar o paro

Xaquín Fernández Leiceaga En Rueda De Prensa
EUROPA PRESS
Europa Press Galicia
Actualizado: sábado, 19 mayo 2012 18:00

SANTIAGO DE COMPOSTELA 19 May. (EUROPA PRESS) -

O deputado socialista Xaquín Fernández Leiceaga asegurou que "está moi ben" que ao Executivo galego "lle preocupe cadras as costas", pero censurou que hai "unha relación directa entre a xestión das contas autonómicas" e "o ascenso espectacular dos niveis de paro".

A preguntas dos xornalistas en rolda de prensa sobre os niveis de déficit en Galicia --do 1,61 por cento do Produto Interior Bruto en 2011-- Fernández Leiceaga remarcou "o compromiso" do PSdeG coas finanzas "sostibles", aínda que deixou claro que ao PPdeG le "preocupa cadrar contas" mentres aos socialistas "lle preocupan os cidadáns".

Sobre esta cuestión, recriminou que "hai unha relación directa entre a xestión das contas autonómicas" e o desemprego en Galicia e que o crecemento económico sexa "menor" que noutras comunidades.

Así mesmo, reprochou que "Rajoy facía responsable ao anterior Goberno do déficit", mentres que agora nas comunidades de Madrid e Valencia "non só enganaron ao anterior goberno senón a Mariano Rajoy" en materia de déficit.

E é que a Comunidade de Madrid declarou nun principio un déficit do 1,13% e elevouno ao 2,21%; mentres que a Comunidade Valenciana presentou inicialmente a Facenda unha desviación do déficit do 3,68% do seu PIB, que elevou no plan de axuste ao 4,5%.

Contenido patrocinado