Unións Agrarias cifra en 6.000 os empregos que non se crearán en A Coruña pola supresión de primas en enerxía eólica

Parque Eólico De Iberdrola
EUROPA PRESS
Europa Press Galicia
Actualizado: miércoles, 8 febrero 2012 19:35

A CORUÑA 8 Feb. (EUROPA PRESS) -

O secretario de Desenvolvemento Rural de Unións Agrarias, Jacobo Feijoo, cifrou en 5.900 os empregos que se non crearán na provincia de A Coruña pola supresión de primas na enerxía eólica, mentres que asegurou que o rural verá "seriamente comprometido" o investimento privado.

En rolda de prensa, e acompañado polo presidente de Ventonoso, José Antonio Diéguez, o secretario de Desenvolvemento Rural de Unións Agrarias denunciou o "impacto" que terá no ámbito rural da provincia de A Coruña a eliminación destas primas.

Ao respecto, sinalou que haberá "995 megawatios sen prima" e que se perderán "1.800 millóns de euros en inversión directa en construción de parques e 2.280 millóns en plans industriais asociados".

Ademais, indicou o rural verase "seriamente comprometido un investimento privado de 315 millóns", mentres que apuntou que haberá "mil empregos menos".

O secretario de Desenvolvemento Rural de Unións Agrarias argumentou tamén que esta decisión implicará que as plantas previstas en Curtis e Mazaricos "non cobren a prima", ao tempo que engadiu que se trata dunha medida "non suficientemente meditada polo Gobierno.

No mesmo sentido, pronunciouse, o presidente de Ventonoso, José Antonio Diéguez, para quen, co decreto lei aprobado polo Goberno, "a enerxía eólica vai estar en mans das grandes empresas". Ademais, afirmou non entender a postura da Xunta de Galicia "cando sabemos que a curto e medio prazo non se van construír parques eólicos", engadiu.

Contenido patrocinado