Uns 32.500 peregrinos selaron a Compostela no que vai de ano, 3.200 máis que en 2011

Máis de 2.614 camiñantes realizaron a Ruta Xacobea na ponte das Letras Galegas, cifras "similares" ás do pasado exercicio

Catedral De Santiago, Praza Do Obradoiro
EUROPA PRESS
Europa Press Galicia
Actualizado: domingo, 20 mayo 2012 14:04

SANTIAGO DE COMPOSTELA, 20 May. (EUROPA PRESS) -

Un total de 32.497 peregrinos selaron a Compostela dende o 1 de xaneiro ao 19 de maio de 2012, cifra que supera en 3.204 ao total de camiñantes que chegaron á capital galega no mesmo período de 2011 --29.293--.

Segundo explicou a Europa Press unha das responsables da Oficina do Peregrino María Eira, este incremento de peregrinos que reciben a Compostela --certificado que acredita a peregrinación a Santiago a pé, cabalo ou bicicleta-- experimentouse, "especialmente", "nas últimas semanas".

Así mesmo, explicou que os camiñantes que chegaron nos últimos días á capital galega son "especialmente" estranxeiros que chegan, na súa maioría, dende Alemaña ou Italia.

Aínda que os datos facilitados reflicten que o número de persoas que recibiron a Compostela ata o día 19 de maior é menor ao do último Ano Santo --cando realizaron o Camiño 43.757 persoas--, tal e como detallou María Eira "son cifras altas" para un exercicio no que non se celebra o Xacobeo.

PONTE DAS LETRAS GALEGAS

En canto ás cifras de camiñantes que realizaron a Ruta Xacobea coincidindo co pontes das Letras Galegas en Galicia, conforme detallou a responsable da Oficina do Peregrino, "son moi similares" ás do anterior exercicio.

En concreto, do 17 ao 19 de maio de 2012 selaron a Compostela un total de 2.614 camiñantes, fronte aos 2.619 que o fixeron durante os días 14, 15, 16 e 17 de 2011 --datas nas que coincidiu a ponte--.

Contenido patrocinado