A Xunta destina 350.000 euros á promoción internacional do audiovisual galego

O conselleiro de Economía e Industria, Javier Guerra, e o conselleiro de Cultura
Foto: XUNTA/Photographer: xoan crespo

Guerra cre que esta é "a única fórmula para o crecemento empresarial" na actualidade

   SANTIAGO DE COMPOSTELA, 8 Feb. (EUROPA PRESS) -

   A Consellería de Economía, a través do Igape, destinará un total de 350.000 euros ao longo de dous anos para a promoción internacional do audiovisual galego, segundo se desprende dun convenio asinado co Consorcio Audiovisual de Galicia.

   Así presentárono este mércores en conselleiro de Cultura, Jesús Vázquez, e o de Economía, Javier Guerra, que destacaron o carácter "estratéxico" e "prioritario" do sector audiovisual galego, así como a súa necesidade de internacionalización.

   En concreto, Javier Guerra confiou en que esta partida contribúa a facer as empresas audiovisuais galegas "competitivas no mercado global", dado que a internacionalización é, actualmente, "a única fórmula para o crecemento empresarial".

   Pola súa banda, Jesús Vázquez apostou por aumentar a "competitividade" das producións galegas e "dinamizar o sector" con "importantes oportunidades de negocio no mercado exterior".

   "A través do acordo asinado este mércores impulsarase a capacidade de internacionalización das nosas empresas audiovisuais, fortalecerase o tecido industrial e difundiranse as creacións galegas", sinalou Jesús Vázquez.

INICIATIVAS

   Entre as iniciativas que se apoiarán con este convenio está a promoción da presenza do audiovisual galego en mercados e feiras internacionais e nacionais, como é o caso do Sunny Side of the Doc de La Rochelle, o Marché du Filme de Cannes, o European Film Market de Berlín, o Festival de Cinema de Toronto (Canadá) ou os certames españois de Málaga, San Sebastián, Sitges ou Madrid.

   Ademais, dentro do Plan de Internacionalización do Consorcio Audiovisual, promoveranse encontros bilaterais de produtores de territorios de interese estratéxico, fomentaranse rodaxes en territorio galego a través da Galicia Film Commission e analizaranse coproducións.

   Con estes 350.000 euros son xa 800.000 euros a cantidade achegada polo Igape ao longo de toda a lexislatura para iniciativas de internacionalización do audiovisual galego.

MERCADO INTERNACIONAL

   Na súa intervención, Javier Guerra aproveitou para destacar o traballo realizado polo Goberno galego en favor da internacionalización das empresas da Comunidade.

   En concreto, Guerra indicou que o seu departamento investiu máis de 70 millóns durante a lexislatura en proxectos de internacionalización empresarial, co obxectivo de que en 2014 existan en Galicia 700 empresas exportadoras máis e que o valor das exportacións se incremente en 3.400 millóns de euros.

   Cos datos actuais, o conselleiro de Economía considerou que se vai "polo bo camiño", dado que as exportacións galegas creceron un 43,5 por cento en novembro con respecto ao mesmo período de 2010.

El vídeo comenzará después de 30 segundos de publicidad.
Portal Turismo
 
la actualidad más visitada en www.europapress.es
El CICR confirma que las FARC liberarán al periodista galo el miércoles Nuevo disco de Bon Jovi a principios de 2013 Hesjedal remonta a 'Purito' y gana el Giro

www.europapress.es es el portal de actualidad y noticias de la Agencia Europa Press. Publicación digital auditada por OJD.
© 2012 Europa Press. Está expresamente prohibida la redistribución y la redifusión de todo o parte de los contenidos de esta web sin su previo y expreso consentimiento.