Un traballador xubilado de Alcoa e sindicalista de CCOO, quinta vítima mortal en Galicia

Europa Press Galicia
Publicado: jueves, 19 marzo 2020 19:13

   SANTIAGO DE COMPOSTELA, 19 Mar. (EUROPA PRESS) -

   O traballador xubilado de Alcoa e exsecretario xeral de CCOO na Coruña, José Luís Paz Pena, é a quinta vítima mortal do coronavirus que se rexistra en Galicia.

   Así o confirmou este xoves o sindicato Comisións Obreiras, quen trasladou a súa pesar pola morte de Paz Pena, quen desempeñou diferentes responsabilidades no sindicato, tanto na Federación de Industria como na Unión Comarcal da Coruña, da que foi secretario xeral.

   "Infatigable compañeiro, non faltaba a unha mobilización, nin sequera desde que estaba xubilado", sinala o sindicato, que asegura que Paz Pena "sempre será lembrado polo seu compromiso sindical" tendo en conta que xa militaba no sindicato na "clandestinidade" e contribuíu a construír Sindicato Nacional de CCOO de Galicia.

   Dada a situación de estado de alarma, o sindicato anima aos compañeiros e amigos do falecido a enviar as súas mensaxes de agarimo ao correo comunicacion.coruna@galicia.ccoo.es.

Últimas noticias sobre estos temas

Contenido patrocinado